Sedela

Sedela Obradoiro de xoiaría e reloxaría

Xoias de verán e de amizade. Pulseira de fío con cuncha de aceiro.P.V.P.: 9,00€
01/06/2026

Xoias de verán e de amizade. Pulseira de fío con cuncha de aceiro.
P.V.P.: 9,00€

Por fin deseños en aceiro que só atopaba en prata ou en Dansk. Vanche preguntar por eles, seguro, e se os poño eu vanme ...
30/05/2026

Por fin deseños en aceiro que só atopaba en prata ou en Dansk. Vanche preguntar por eles, seguro, e se os poño eu vanme preguntar se os fixen eu, e iso si que mola moito, que me creades capaz e que identifiquedes ese tipo de pezas co meu estilo 😊.
Pendentes aceiro súper lixeiros con efecto martelado. P.V.P.: 15,00€

Dous novos modelos de suxeitapanos en aceiro. O segundo pódese usar tamén como anel.
29/05/2026

Dous novos modelos de suxeitapanos en aceiro. O segundo pódese usar tamén como anel.

Aceiro e esmalte, porque me estades a pedir cor, para combinar coas telas dos vestidos que elixistes para eses eventos q...
29/05/2026

Aceiro e esmalte, porque me estades a pedir cor, para combinar coas telas dos vestidos que elixistes para eses eventos que veñen. Pedíronme un azulón e cando me piden un traio media ducia ou ducia e media. En azulón, en turquesa, en celeste, en klein, en informal ou en ceremonioso, en curto, en longo, en dourado e en prateado.

Fixen un escaparate con limóns 🍋 da casa e canas bambú negro. Estas están na casa, aínda que non deberían, por ser unha ...
27/05/2026

Fixen un escaparate con limóns 🍋 da casa e canas bambú negro. Estas están na casa, aínda que non deberían, por ser unha especie invasora e por ser orixinaria de rexións moi afastadas da nosa terra. Teño unha pulseira de limóns que quedou da colección do verán pasado, no que os cítricos, especialmente os limóns, estaban por todas partes. En xoias: pendentes, pulseiras, colgantes e broches e nos estampados das telas de fulares e camisetas. Faltaba a xoia con bambú e hoxe chegou este brazalete en aceiro que xa o tivera en dourado. Se baixaches o bono activa comercio é teu por 17€.

Novos aros de aceiro con circonitas.
26/05/2026

Novos aros de aceiro con circonitas.

4350 -4240 a. C. Colar da Chousa Nova. Cultura megalítica. Cantos anos demorando esta visita, pero chegou o día."...Tamé...
24/05/2026

4350 -4240 a. C. Colar da Chousa Nova. Cultura megalítica.
Cantos anos demorando esta visita, pero chegou o día.
"...Tamén nos están falando da importancia do adorno persoal para estas xentes e da forte carga semiótica que determinados materiais, ou obxectos, debían de ter como marcadores de estatus. A importancia que se outorgaba a algúns materiais pode verificarse no caso do colar da Chousa Nova, no que unha das doas de variscita, pese a estar fracturada e conservar unicamente unha metade, foi reaproveitada en época prehistórica para mantela engarzada dentro do colar." (Consellodacultura.gal)

Amélie e Candela, o bolso e a riñoneira/faltriqueira. Dispoñibles en varias cores. Veñen forrados e con petos interiores...
23/05/2026

Amélie e Candela, o bolso e a riñoneira/faltriqueira. Dispoñibles en varias cores. Veñen forrados e con petos interiores e un exterior. Confeccionados con tela resistente de lona reciclada e asas de coiro. Os novos Soruka xa están en Sedela.
Bolso Amélie (4 cores distintas): 34,95€
Riñoneira Candela (4 cores distintas): 19,00€

Dirección

Rúa Xeral, 45 Baixo
Silleda
36570

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:30
Jueves 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sedela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sedela:

Compartir