04/05/2026
Hoxe presentamos a pulsera de Mareas Vivas 🌊
Unha peza que nace do noso, da esencia da terra e do mar, dese equilibrio que nos define. Un pequeno guiño á xente que vive co ritmo das mareas, ás mans que traballan a terra e ao respecto profundo pola nosa cultura… tamén a gastronómica, que tanto nos representa.
A súa forma, inspirada no raxo ou pata do
polbo, tan identificativa nos pratos da nosa gastronomía galega e nas nosas lonxas, convértese nun símbolo vivo do mar e de todo o que el nos dá.
Un deseño que fala de raíces, de tradición e de identidade, levado a unha xoia delicada e atemporal.
Feita con mimo, pensando en quen leva Galicia sempre consigo 💙
Seguimos creando, sen perder a esencia.